Repositorio de boas prácticas
Os casos de Boas Prácticas establécense como modelos de referencia para a posta en marcha de políticas e estratexias debido ao seu bo facer á hora de deseñar o proxecto e de conseguir resultados. A continuación, ponse a disposición as guías de boas prácticas que dende a Rede de Iniciativas Urbanas española e dende a plataforma URBACT gardan rexistro destes proxectos modelos, así como exemplos de boas prácticas que poden ser tomados de referencia para o noso municipio
Guías
Exemplos de boas prácticas
Ayuntamiento de Alfaro
O municipio de Alfaro é un modelo de referencia para aqueles municipios que queiran levar a cabo a súa propia Axenda Urbana, especialmente aqueles de menos de 20.000 habitantes, debido á súa diagnose ampla e participativa, así como un Plan de Acción transversal.
Ajuntament Vilafranca del Penedès
Vilafranca del Penedès é recoñecido pola iniciativa URBACT da UE como exemplo de boas prácticas debido ao seu proxecto de rehabilitación de vivendas baleiras. A súa acción conseguiu facilitar o acceso a un fogar a aquelas persoas que non podían acceder ao mesmo, á vez que melloraba o parque de vivendas dispoñible e traballaba nun proceso de integración sociolaboral.
Naas (Irlanda)
O modelo implantando en McAuley Place é recollido pola Unión Europea como exemplo dun novo modelo de residencia para a terceira idade. Destácanse os seus resultados, ao conseguir o coidado e integración dos seus maiores a través de actividades que impliquen a toda a comunidade.
Altena (Alemaña)
A localdiade de Altena, en Alemania, é exemplo de Boas Prácticas para os proxectos de Re-GrowCity da Unión Euorpea. En concreto, o municipio xermano levou a cabo un proceso ante a caída do número de habitantes, solucionándoo a través de acción de revitalización económica e participación cidadá e gobernanza.