Plan de acción
O plan de acción para implementar a Axenda Urbana Española require, como fai a propia Axenda, a elaboración dunha diagnose da situación que identifique e analice os principais retos que supoñen as políticas, plans programas e actuacións con incidencia nos modelos urbanos. Pero tamén foi necesario dar un paso máis, non sendo suficiente apuntar os problemas, senón que debe expoñer accións concibidas baixo o prisma dos obxectivos estratéxicos que permitirán unha adecuada reorientación dos plans, programas, políticas e proxectos en marcha ou por desenvolver.
Por estes motivos foi necesario que a Axenda Urbana establecese unha serie de liñas de actuación que rexerán o desenvolvemento futuro do municipio cara a sustentabilidade económica, social e medioambiental. Este Plan de Acción foi consensuado entre todos os actores implicados no desenvolvemento urbano, dende as Administracións Públicas, o sector privado, pasando polas Universidades e o mundo académico en xeral, incluíndo ao terceiro sector e á sociedade civil.
Pero, ante todo, esta folla de ruta deberá estar en constante revisión e actualización, adaptando as liñas de actuación e os programas aos novos escenarios que vaian xurdindo, para o cal seguirá sendo clave o consenso entre os diferentes actores que conforman e operan no municipio.
Diagnose
- Detección de problemas e retos que afronta o territorio municipal.
- Identificación das actuacións que se están a realizar ante eses problemas e retos.
Definición de accións
- Definición de obxectivos e liñas de actuación para dar solución aos problemas e retos afectados.
- Identificación de axentes implicados na implementación de cada acción.
- Definición dos indicadores de seguimento e avaliación.
A participación da cidadanía foi fundamental no deseño inicial da Axenda Urbana das Pontes. É por iso que se desenvolveu un amplo proceso participativo co que se contase co saber e a colaboración do tecido social, económico e de toda a veciñanza que o desexase, coa finalidade de pensar e decidir conxuntamente como queremos que sexa o noso municipio no ano 2030.
Así, foron desenvolvidas varias accións participativas para que a poboación se implicase e aportase a súa visión sobre o futuro das Pontes, como foron a consulta cidadá ou a celebración de encontros temáticos das Mesas da Axenda Urbana
Froito deste proceso de participación, foi elaborado o Plan de Acción, o cal podes consultar clicando no seguinte botón.
Pero a participación e a gobernanza non se limitan exclusivamente ao proceso de elaboración desta folla de ruta, senón que tamén será imprescindible na súa implantación, seguimento e avaliación