Saltar ao contido

As Axendas Urbanas

Axenda 2030

En 2015, a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible, unha oportunidade para que os países a as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar o benestar social e a calidade de vida. Conta con 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que inclúen desde a eliminación da pobreza ata o combate ao cambio climático, a educación, a igualdade da muller, a defensa do medio ambiente ou o deseño das nosas cidades. Respecto a estas, o ODS 11 persegue cidades máis sostibles, inclusivas, seguras e resilientes.

Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas

A Terceira Conferencia de Nacións Unidas sobre Vivenda e Desenvolvemento Urbano Sostible —Hábitat III— tivo como principal obxectivo identificar os novos desafíos e fortalecer o compromiso político global, para alcanzar un desenvolvemento urbano sostible, mediante a aprobación dunha «Nova Axenda Urbana», que define os parámetros das cidades do século XXI. Trátase dun documento estratéxico, de adhesión voluntaria, que presenta a urbanización como un instrumento para lograr o desenvolvemento sostible.

Axenda Urbana para a Unión Europea

A Axenda Urbana para a Unión Europea aprobase no ano 2016 para dar resposta a 3 obxectivos concretos: a mellora da regulación comunitaria, especialmente en áreas urbanas, a procura dun deseño máis efectivo e dunha xestión máis sinxela dos instrumentos da UE e a promoción do intercambio de coñecemento.

Axenda Urbana Española

A Axenda Urbana Española é un documento estratéxico, sen carácter normativo e de adhesión voluntaria, que persegue o logro da sustentabilidade nas políticas de desenvolvemento urbano. Constitúe un método de traballo e un proceso para todos os actores, públicos e privados, que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sostible desde os seus distintos campos de actuación.

A Axenda Urbana das Pontes é unha folla de ruta que permitirá avanzar cara un concello máis sostible, habitable e inclusivo. Para iso o Concello das Pontes puxo en marcha un proceso para deseñar de maneira colectiva esta estratexia a longo prazo, coa que se poida responder axeitadamente a retos e necesidades das persoas, sen deixar a ninguén atrás e coidando o medio ambiente

Obxectivos da Axenda Urbana

Cales son os obxectivos da Axenda Urbana?

Os tres niveis que preceden ao deseño no ámbito local da Axenda Urbana pretenden nutrir dunha versión conxunta respecto o que é o como construír un avance sustentable económica, social e medioambientalmente posible e de forma adaptada ao seu contexto particular, sempre coa intención de ser traslado a marcos máis amplos.

Tras un intenso traballo de elaboración e un amplo proceso participativo, esta estratexia de desenvolvemento urbano de carácter integrado ofrece un Decálogo de Obxectivos Estratéxicos. Todo iso desde unha ampla visión que inclúe a todos os pobos e cidades con independencia do seu tamaño e poboación, e baixo o triplo prisma da sustentabilidade económica, social e medioambiental.

En particular, a Axenda Urbana Española establece un catálogo de 10 obxectivos xerais e 30 obxectivos específicos para lograr a meta antes mencionada. Estes, pretenden dar unha base de deseño, que cada concello terá que adaptar as necesidades que a súa veciñanza considere como necesarias para abordar, e son os seguintes:

Obxectivo 1

Ordenar o territorio e facer un uso racional do solo, conservalo e protexelo

Obxectivo 2

Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente

Obxectivo 3

Previr e reducir os efectos do cambio climático e mellorar a resiliencia

Obxectivo 4

Facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular

Obxectivo 5

Favorecer a proximidade e a mobilidade sostible

Obxectivo 6

Fomentar a cohesión social e buscar a equidade

Obxectivo 7

Impulsar e favorecer a Economía Urbana

Obxectivo 8

Garantir o acceso á Vivenda

Obxectivo 9

Liderar e fomentar a innovación dixital

Obxectivo 10

Mellorar os instrumentos de intervención e gobernanza